Cé Orquestra Pantasma, partir da personaxe de home orquestra, ofrece desta volta un formato musical agarimoso apto para a sensibilidade da primeira infancia. O emprego da voz e actitude de confianza, o suave e rítmico acompañamento musical do ukelele e do seu trebello sonoro para as costas, ademais das misteriosas árbores de axóuxeres que acompañan estética e harmoniosamente, conseguen namorar a miúdos e grandes desde o comezo do espectáculo.
A actividade ten unha duración de 45 minutos e está dirixida a familias con crianzas de 0 a 3 anos. As inscricións poderán realizarse a través do formulario web habilitado ao efecto a partir do 13 de abril. Terán preferencia as familias inscritas no programa Apego do Concello de Oleiros.
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.
Enlace inscricións: pinche aquí