Hemeroteca

Asset Publisher

Back Ecoralia canta, conta e debuxa de Pakolas e Laura Romero chega ao García Márquez o 4 de outubro

Imagen Ecoralia canta, conta e debuxa de Pakolas e Laura Romero chega ao García Márquez o 4 de outubro

Pakolas e Laura Romero presentan o día 4 de outubro ás 18:30h no auditorio Gabriel García Márquez un espectáculo multidisciplinar para as familias enmarcado no programa "Un outono co Apego" do Concello de Oleiros.
 

Ecoralia canta, conta e debuxa de Pakolas e Laura Romero é un espectáculo dirixido a público infantil e familiar onde a interacción coas nenas e nenos, a música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. 

Esta proposta crea así unha escena na que non só se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

A duración da actividade é de  45 minutos e o prazo de inscrición na mesma abre o luns 29 de setembro ás 10:00 horas a través da web municipal. Terán preferencia as familias inscritas en Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.

Máis información no Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.

INSCRICIÓNS