Publicacións

Atrás Programa actividades 2010 2011

Ver programa de actividades 2010 - 2011Estimados veciños e veciñas,

O Goberno local de Oleiros forxou ao longo dos anos un extenso e completo programa de actividades que pretende completar a educación dos nosos fillos e das nosas fillas e poñer á súa disposición un conxunto de iniciativas que enriquezan o seu tempo de lecer. Este delicado traballo, posto en marcha desde o Organismo Autónomo Municipal de Cultura, plasma un dos eixes fundamentais da nosa política, que atopa na cultura, na educación e no deporte os alicerces sobre os que debe sustentarse o desenvolvemento humano da nosa mocidade.

Esta publicación recolle de forma detallada as iniciativas que desde as distintas áreas municipais se están levando a cabo ao longo deste curso para converter en realidade este desenvolvemento. A través do fomento da lectura, o coñecemento da lingua, a música, o teatro e o deporte pretendemos promover valores tan fundamentais como a solidariedade, a convivencia ou o respecto. Convencidos de que estes valores axudarán a xente nova a construír no futuro unha sociedade sa.

Ángel García Seoane

Alcalde do Concello de Oleiros