Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapas Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapas Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Novas

Atrás Asinado o convenio coas ANPA e AFA para facilitar o pagamento das subvencións para comedores escolares

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Belén Taboada, asinou esta mañá coas ANPA e AFA do municipio un convenio que axilizará o cobro das subvencións para comedores escolares. As nais e pais interesados aínda poden solicitar —ata o 30 de xuño— esta axuda económica do Concello para o comedor dos seus fillos e fillas en idade escolar, que oscilan entre o 100%, o 60% ou o 40%, en función da situación económica familiar.

Grazas ao convenio asinado, as propias ANPA e AFA fanse cargo das xestións para o abonamento destas subvencións que ten que solicitar cada unha das familias beneficiadas. O Concello reitera o seu agradecemento ao traballo destas asociacións de nais e pais pola súa dedicación para facilitar os trámites que conleva esta medida de apoio ás economías familiares e por todo canto fan polo benestar dos nenos e nenas de Oleiros.

As ANPA e AFA están a asumir a xestión dos comedores escolares, cando é a Xunta de Galicia a que está obrigada a facelo nos períodos educativos obrigatorios. Ante esa situación, o Concello creou esta axuda de apoio ao comedor escolar, para eliminar as diferenzas entre as nenas e nenos de Oleiros, pois dependendo da zona onde vivan a escola que se lles asigna ten ou non comedor xestionado  pola Xunta.
 

back link