Igualdad

Imagen introducción igualdad
Hay contrastes sociales que tenemos que combatir. Uno de ellos es lo que afecta a más de la mitad de la población, las mujeres. Llevamos mucho andado, pero la lacra del machismo es tan profunda que sin duda tardaremos años en liberarnos de las terribles sombras de su influencia. Aquí remamos en favor de las mujeres como en favor de las personas que sufren cualquier otro tipo de discriminación o están vulnerabilizadas por los elementos más retrógrados de la sociedad.

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapa Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapa Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Noticias

Atrás A Casa Charry acolle a presentación da guía Periodismo inclusivo da xornalista oleirense Lucía Quiroga

A Casa Charry acolleu a presentación da Guía de periodismo inclusivo. Perspectiva de género interseccional en la construcción de mensajes mediáticos, da xornalista de Santa Cruz Lucía Quiroga. O acto, que estivo centrado na reflexión sobre o papel dos medios na construción de discursos máis inclusivos e con perspectiva de xénero, contou cun coloquio moderado pola autora e no que participou Claudia Morán e Marga Tojo, de Xornalistas Galegas; Montse Montaos, de CCOO; e Pablo Cibeira, concelleiro de comunicación. 

Durante a súa intervención, Lucía Quiroga explicou que esta guía -subvencionada polo Instituto das Mulleres- nace como unha ferramenta teórico-práctica para mellorar a comunicación mediática desde unha perspectiva de dereitos humanos, con especial atención á linguaxe, ao uso das fontes e á representación das mulleres nos medios. “Non se trata de sinalar erros constantemente, senón de dar ferramentas útiles para construír narrativas diferentes. Construímos o mundo con palabras, e iso obríganos a pensar como estamos contando as cousas nos medios”, comentou.

No debate, púxose o foco na necesidade de incorporar a perspectiva de xénero de forma estrutural no xornalismo, superando estereotipos, evitando o uso de linguaxe discriminatoria e garantindo a diversidade de fontes. Tamén se destacou a importancia de revisar prácticas habituais nos medios, como o tratamento sensacionalista da violencia machista ou a infrarrepresentación das mulleres como expertas en ámbitos como a política, a economía ou o deporte.

Outro dos eixos do coloquio foi o impacto das novas narrativas dixitais e das redes sociais, que, segundo as participantes, están a favorecer a espectacularización da información e a difusión de desinformación, o que reforza a necesidade dun xornalismo rigoroso, crítico e con perspectiva de dereitos humanos.

Por parte do Goberno municipal, o concelleiro de comunicación, Pablo Cibeira, destacou a brillante traxectoria académica e profesional de Lucía Quiroga. “É un orgullo para o Concello de Oleiros poder dicir que unha muller que se formou no sistema de educación público municipal hoxe sexa unha referente da comunicación e do xornalismo no Estado Español. Un exemplo clarísimo do que é Oleiros, do que é a marca Oleiros e do que significa o modelo político de Alternativa dos Veciños, que contribuíu a educarnos a tantas e tantos nunha serie de valores e principios que nos fan mirar sempre o mundo de forma crítica”, dixo.  

back link