Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Continente María, teatro este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 31 de outubro de 2022-. O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Ainé Producións presenta a obra de teatro Continente María, dirixida por Tito Asorey e protagonizada por Melania Cruz e Vadim Yukhnevich. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio. 

 
Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.  Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.
 
A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos poden ofrecer. Un mapa dun continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.
 
back link