Servicio de Asistencia Técnica en Igualdad (SATICO)

Atrás Atención presencial do SATICO

Atención presencial: todos os xoves de 16:20 a 19:20 no Torreón Bescansa

O SATICO é un servizo aberto e participativo, de asesoramento e sensibilización dirixido a toda a cidadanía, a través do cal dáselle resposta a calquera dúbida, necesidade ou problemática en materia de xénero, igualdade e violencias machistas. Así que, achégate!

Desde o SATICO (Servizo de Asistencia Técnica de Igualdade do Concello de Oleiros) trabállase tanto coa poboación a título individual como cos e coas profesionais dos diferentes departamentos municipais, colectivos, asociacións e entidades do tecido asociativo, empresas, centros de ensino, clubs deportivos e demais axentes sociais, culturais, educativos, políticos e empresariais presentes nos municipio.

Deste xeito, proporcionaráseche a información que precises, adaptada ás túas necesidades, e prestaráseche apoio e asesoramento no deseño, planificación e implementación de actividades, na elaboración de protocolos contra o acoso sexual, na solicitude de subvencións, no desenvolvemento e emprego de ferramentas como a recollida de datos desagregados, o emprego inclusivo e non sexista da linguaxe, o tratamento da imaxe etc., así como calquera outra cuestión en materia de xénero, igualdade e violencias machistas que precises. 

Lévanse implementando, desde o 2022, diversas actividades e campañas de sensibilización dirixidas á cidadanía. Entre elas, a colocación de Puntos Violeta nas festas parroquiais no marco da campaña “Non faltes á festa, pero de festa non faltes”; a elaboración da Guía para un uso inclusivo e non sexista da LINGUAXE; a campaña de concienciación e sensibilización durante o Nadal dirixida a un reparto igualitario e corresponsable das tarefas domésticas e de coidados, a prevención das violencias machistas e a concienciación sobre o fomento de xogos e xoguetes igualitarios e inclusivos; os Cafés en Lila; o obradoiro de expresión corporal e apoderamento “Desinhíbete”; o obradoiro sobre menopausa e perimenopausa “Coñecerse é vivirse”; a instalación de Puntos Violeta nos IES municipais e a impartición de obradoiros para o tratamento das violencias sexuais no marco do 25N; entre moitas outras. Na mesma liña, ao longo deste 2024, iranse realizando múltiples actividades desde o SATICO, as cales iranse difundindo nos vindeiros meses.

Enderezo

Torreón Bescansa

Rúa da Ribeira, s/n

15172

Perillo (Oleiros)

Horario de atención

Os xoves de 16:20h a 19:20h

Teléfono

981 61 00 00

604 02 51 60

Correo

electrónico

igualdade@oleiros.org

igualdadeoleiros@gmail.com