Unha vez rematado o prazo e efectuada a avaliación, por parte da Comisión de Valoración, publícase a Listaxe Provisional, co estado das Solicitudes da Prestación de Apoio ao Comedor Escolar, para o curso 2026/2027.
A partir de hoxe día 17 de xullo de 2026, ábrese un prazo, dez (10) días hábiles, para a enmenda das solicitudes incompletas, dito prazo empezará a contar dende o próximo luns día 20 de xullo e rematará o venres 31/07/2026, ámbolos dous incluídos.
Calquera dúbida ao respecto dos requerimentos, poden consultala nas oficinas da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade ou chamando ao teléfono de atención veciñal 981 61 00 00