Os aspectos a traballar nas sesións son:
- Conciencia corporal
- Benestar postural
- Respiración e relaxación
- Tonificación muscular
- Actividade física para diferentes patoloxías
- Estiramentos
- Autoestima
Ao longo das diferentes sesións, alternaranse a explicación de conceptos teóricos con dinámicas e exercicios que contribúan á reflexión persoal e ao entendemento de ditos conceptos. Ademais, incentivarase ás participantes ao intercambio de experiencias e apoio mutuo baseado nos coidados.
Se tes menos de 60 anos, estás empadroada no Concello de Oleiros, e che apetece en participar, neste Obradoiro, queda algunha praza vacante na segunda quenda. O horario é de de 11:30H a 13:00H, os mércores na Casa da Cultura de Perillo.
Debes presentar por rexistro a solicitude
Para mais información podes poñerte en contacto no correo electrónico, igualdade@oleiros.org ou ben no teléfono de atención veciñal 981 61 00 00