O Obradoiro do Corpo é unha actividade corporal deseñada para mulleres, que ten por obxectivo o empoderamento persoal e colectivo, fomentar hábitos de vida saudábeis, e favorecer unha maior vida social, á vez que se establece unha rede de apoio mutuo entre as mulleres participantes. Este obradoiro forma parte do amplo programa de actividades dirixidas ás mulleres para o seu benestar físico e emocional, desde unha perspectiva de xénero.
As mulleres interesadas en participar poden obter máis información chamando ao teléfono 981 610 000 ou escribindo un correo a igualdade@oleiros.org.