Igualdad

Imagen introducción igualdad
Hay contrastes sociales que tenemos que combatir. Uno de ellos es lo que afecta a más de la mitad de la población, las mujeres. Llevamos mucho andado, pero la lacra del machismo es tan profunda que sin duda tardaremos años en liberarnos de las terribles sombras de su influencia. Aquí remamos en favor de las mujeres como en favor de las personas que sufren cualquier otro tipo de discriminación o están vulnerabilizadas por los elementos más retrógrados de la sociedad.

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapa Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapa Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Noticias

Atrás O Concello organiza unha charla aberta sobre o proceso de regularización de persoas migrantes

A concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros, en colaboración coa Asesoría Xurídica Social do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, organiza unha charla informativa aberta a toda a poboación sobre o proceso extraordinario de regularización de persoas migrantes que abriu o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social y Migraciones do Goberno de España.

A charla será no Auditorio da Fábrica en Santa Cristina o xoves 23 de abril ás 11:00h e está aberta a toda a poboación de Oleiros interesada en ter información acerca das condicións, requisitos e documentación necesaria para solicitar a súa regularización neste proceso.

Tamén se informará de como solicitar o informe de vulnerabilidade, que emitirán os Servizos Sociais Comunitarios de Oleiros no suposto de ser necesario, e das ONGs do entorno que participan neste proceso como entidades colaboradoras.

As persoas asistentes poderán consultar as dúbidas que teña en relación a este proceso e, ademais da asesora xurídica que impartirá a charla, estará presente parte do equipo dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Oleiros para informar daquelas cuestións nas que sexa precisa a súa participación.

Para mais información poden consultar a web habilitada polo Goberno de España para este tema https://www.inclusion.gob.es/regularizacion ou contactar cos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Oleiros nas súas oficinas de Oleiros e de Perillo, a través do enderezo electrónico s.sociais@oleiros.org ou do teléfono de atención ao veciño 981610000.

Este proceso ten especial importancia para moitas persoas que a día de hoxe son veciñas de Oleiros, tanto adultas como moitas nenas e nenos, que desta forma poderán ter acceso a unha vida mais digna e sen os obstáculos da situación administrativa na que se atopan na actualidade.


 

back link