Os Puntos Violeta son lugares de referencia, atención e apoio psicolóxico, atendidos por un equipo especializado de profesionais na materia. Dispoñen dun Protocolo de Actuación en colaboración directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Tamén funcionan como espazos de sensibilización accesibles á cidadanía, onde se ofrece material informativo e divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles, así como actividades de concienciación adaptadas a distintas idades.
Igualdad
Direcciones y teléfonos
Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
981 610 000,
EXT. 3601,
3112
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
981 610 000,
EXT. 3601,
3112
Noticias
Con motivo das festas do Carme de Lorbé, que se celebran esta fin de semana, o Concello instalará Puntos Violeta nas noites do xoves 31 de xullo, venres 1 e sábado 2 de agosto, en horario de 23 a 3h, co propósito de seguir actuando activamente, como vén facendo ata o de agora, na prevención e atención ante posibles casos de violencia sexual, LGTBIfobia ou calquera outra manifestación de violencia machista.