Igualdad

Imagen introducción igualdad
Hay contrastes sociales que tenemos que combatir. Uno de ellos es lo que afecta a más de la mitad de la población, las mujeres. Llevamos mucho andado, pero la lacra del machismo es tan profunda que sin duda tardaremos años en liberarnos de las terribles sombras de su influencia. Aquí remamos en favor de las mujeres como en favor de las personas que sufren cualquier otro tipo de discriminación o están vulnerabilizadas por los elementos más retrógrados de la sociedad.

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Mapa Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Mapa Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Teléfono 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Correo electrónico s.sociais@oleiros.org

Noticias

Atrás O Concello de Oleiros segue a promover actividades e programas feministas e de igualdade cun investimento de 328.000 euros

Imagen O Concello de Oleiros segue a promover actividades e programas feministas e de igualdade cun investimento de 328.000 euros

O Concello de Oleiros dará continuidade ao seu compromiso feminista e á labor desenvolta ao longo destes anos cara a consecución dunha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres ademais de loitar contra todo tipo de violencias machistas. 

O Concello de Oleiros sacou a contratación un novo programa en igualdade composto por un servizo de asistencia técnica e distintas actividades de autocoidado e bo trato para continuar a senda cara unha igualdade real entre mulleres e homes no noso municipio.

No relativo á asistencia técnica está dirixido a traballar coa poboación a nivel individual  como cos profesionais das diferentes áreas municipais, colectivos, entidades do tecido asociativo, centros de ensino, clubs e demais axentes sociais, culturais, educativos, políticos e empresariais... Este servizo deberá prestar apoio e asesoramento no deseño e implementación de medidas, elaboración de propostas, elaborar o III Plan de Igualdade do Concello de Oleiros, deseñar, planificar e executar actividades dirixidas a conmemorar datas significativas desde o punto de vista da igualdade (8M-Día da Muller, 17M-Día Internacional contra a LGTBIfobia, 28X-Día Orgullo LGTBIQ+ e 25N-Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres) para o que se contará cunha persoa especialista en políticas de xénero, unha técnica de comunicación e tres persoas especializadas para atender os puntos violetas que se instalen en festexos e eventos nocturnos.
 
Para as actividades prevense a realización de obradoiros asentados e que gozan de gran acollida entre a poboación como son os obradoiros do corpo (actividade corporal deseñada para o apoderamento das mulleres e fomentar hábitos de vida saudables, favorecer a vida social das mesmas e potenciar o sentimento de valoración e respecto; entre outros fins), as actividades de  Móvete+ (actividade deseñada para mulleres que atravesan ou xa atravesaron un proceso oncolóxico mellorando a súa calidade de vida, autoestima e tentando paliar as secuelas –tanto físicas como mentais- dos tratamentos...) ou o Programa “Coñecerse é vivirse” (obradoiro de autocoñecemento para mulleres coa fin de conseguir un estilo de vida positivo, saudable, respectuosos e de bo trato a nivel individual como grupal).

O investimento municipal para este programa cunha duración de 2 anos é de 328.156,88 euros.