Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Mañá celébrase a festa de Entroido que organiza o Concello

 Oleiros, 23 de febreiro de 2023-. O Concello de Oleiros organiza mañá venres 24 de febreiro unha gran festa de entroido, coa orquestra Os Satélites, concurso de disfraces e chocolatada gratuíta. Será en Santa Cruz, no pavillón Arsenio Iglesias.

 
O desfile de disfraces está previsto para as 19:00 horas. Unha vez finalice actuará a orquestra Os Satélites. 
 
O concurso de disfraces estará dotado con 5.200 euros en premios e contará con dúas categorías, unha de grupos e outra de individuais-parellas. Para participar é posible apuntarse a través da Sede electrónica ou presencialmente na Fábrica, ata mañá venres ás 12:00 horas. Non se poderán realizar inscricións in situ na propia festa.
back link