Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O alumnado dos centros de ensino participará nas actividades de fomento da lectura das bibliote

 Oleiros, 28 de febreiro de 2023-. Preto de 3.000 alumnas e alumnos de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato participarán nalgunha das 35 actividades diferentes que ofreceu o Concello ao profesorado de cada un dos centros de ensino de Oleiros para o fomento da lectura entre os escolares. Serán un total de 148 sesións, adaptadas á programación escolar de cada aula.

 
En función da idade, do curso que estean realizando e da escolla de cada profesor ou profesora, o alumnado poderá visitar a Biblioteca Central Rialeda, recrearse con contacontos e a narración de historias, achegarse á mitoloxía e coñecer algo da construción da Torre de Hércules, divertirse con espectáculos musicais, gozar con pezas de teatro, deleitarse coa poesía, coñecer a produción literaria de autores/as como Rosalía de Castro, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Álvaro Cunqueiro, Julio Cortázar, Yolanda Castaño e Francisco Fernández del Riego,... e moitas outras.
back link