Oleiros, 13 de febreiro de 2023-. O X Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno continuará este sábado cun concerto de Cotton Time Charo Quicler Group no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.
Charo Quicler estudou canto no Conservatorio Superior da Coruña e posteriormente ampliou os seus estudios en Madrid, sendo escollida por Montserrat Caballé para participar como alumna activa nas súas clases maxistrais. Despois duns anos na capital, actuando no Teatro Real, Teatro da Zarzuela, Nuevo Apolo e concertos propios para distintas entidades decidiu volver á súa Galicia natal coa intención de crear un proxecto máis intimista. Durante anos foi a vocalista do grupo “La habitación de la Música”, con quen actuou en varios festivais de jazz, teatros e auditorios de Galicia e con quen gravou o seu primeiro disco.