Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O programa ¿Outra mirada¿ regresa ás emisións de Radio Oleiros

 Oleiros, 10 de febreiro de 2023-. O magazine da radio municipal volve o luns cun novo equipo á fronte e cunha proposta moi renovada.

 
O próximo luns, 13 de febreiro, Radio Oleiros (101.5 FM) estrea de novo o seu magazine “Outra Mirada”. Tras case dous meses de ausencia debido a cambios no persoal da emisora, un dos mellores programas da radio municipal volve de luns a venres ás 12.00 h da mañá.
 
Este espazo dunha hora de duración, baixo a dirección de Paris Ares e Jacobo Castro, buscará achegar á veciñanza as historias máis interesantes do noso Concello desde una perspectiva fresca, renovada e cunha clara intención de combinar información con entretemento.
 
“Outra Mirada” dividirase en dúas partes. Unha máis ligada á actualidade, cunha revista de prensa, información de servizo, tempo e algún protagonista das noticias do noso concello. A segunda, irá orientada a coñecer a actividade dos múltiples Servizos que ofrece Oleiros, así como a visión de quen os usa.
 
back link