Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Concerto de Nunzia Giannota Dúo, este sábado na Fábrica

 Oleiros, 7 de febreiro de 2023-. O X Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno continuará este sábado cun concerto de Nunzia Giannota Dúo no centro cultural A Fábrica, en Perillo, o sábado ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio. 

 
De raíces italianas e da cidade do Renacemento, Florencia, Nunzia Giannotta formouse e destaca na prestixiosa "Academia da Voz". Desde os oito anos cantaba, xunto co seu pai, na igrexa de Massafra, a súa vila natal, no sur de Italia. Durante os seus estudos, Nunzia Giannotta obtivo premios en diversos galardóns, acadando notoriedade, colaboracións e gravacións. Xa como profesional, participa nalgúns programas da cadea de televisión Mediaset Italia, e como resultado, diversos traballos en teatros de toda Italia. Con grandes influencias do blues, rock'n roll e soul, coa súa gran referencia en Amy Winehouse decide crear a súa propia banda chamada The Nunzias.
 
back link