Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O luns finaliza o prazo de presentación de relatos para o Premio Literario Descubrindo Oleiros

 Oleiros, 20 de xaneiro de 2023-. O vindeiro luns 23 de xaneiro remata o prazo para presentar os relatos ao Premio Literario Descubrindo Oleiros, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, un concurso que procura a promoción da lingua e dar a coñecer espazos do noso municipio.

 
Poderán concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO, mozas e mozos de 16 e 17 anos e persoas maiores de 18 anos empadroados/as ou escolarizados/as en Oleiros e sempre que os relatos presentados se axusten ao especificado nas bases.
 
Os relatos estarán ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en lingua galega. Deben ser inéditos e que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios. Presentaranse co título orixinal e/ou un pseudónimo, sen ningún dato que revele a identidade do autor ou autora.
 
As persoas interesadas poden presentar os seus relatos a través do Rexistro da Fábrica e no caso das persoas menores de idade tamén a través dos centros de ensino. 
 
back link