Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O luns comezan as obras de asfaltado de diversas rúas de Santa Cruz

 Oleiros, 25 de novembro de 2022-. Se as condicións climatolóxicas así o permiten, a próxima semana procederase á mellora do pavimento das rúas Monte Casal, río do Seixo, Eduardo Blanco Amor, María Casares e Dolores Ibarruri. Debido a estas obras, haberá alteracións no tráfico que estarán debidamente indicadas.

 
Unha vez finalicen estas primeiras actuacións, abordarase tamén a mellor do pavimento das rúas próximas ao centro de saúde de Santa Cruz.
back link