A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí fai un chamamento de urxencia. Precísanse familias de acollida para os nenos e as nenas que pasan o verán en Galicia, no marco do programa Vacacións en paz.
Actualmente hai uns cen nenos á espera de confirmar a súa viaxe a Galicia. Unha viaxe que lles permite abandonar temporalmente os campamentos de refuxiados e someterse, entre outras cousas, a exames médicos inalcanzables en Tindouf.
Para solicitar máis información, as persoas interesadas deben poñerse en contacto con Solidariedade Galega co Pobo Saharauí: info@sogaps.org e 986 262 637.