Noticias

Noticias

Atrás Os nenos e nenas de Oleiros gozarán o sábado 6 de novembro cos contos do magosto de Caxoto

O martes día 2 de novembro ás 10.00 h ábrese o prazo para inscribirse na próxima actividade do Apego. O espectáculo será o vindeiro sábado, ás 18.00 h, na Fábrica, será unha contada de Caxoto, Unha presada de castañas. Este espectáculo está recomendado para maiores de 4 anos. As familias interesadas en asistir poderán inscribirse no seguinte formulario: https://forms.gle/GuRKpuzTN3gVmbkWA
 

Desde o tempo dos celtas, coa chegada do outono, os nosos antepasados apuraban o remate da tempada de colleitas e as familias preparábanse para as longas e frías noites do inverno. Pero se en Galicia hai unha tradición é que nunca se remata un choio sen celebralo por todo o alto. Nese momento as despensas estaban cheas de cereal, mel, viño, carne curada da matanza, … e por suposto castañas… Xa temos os ingredientes necesarios para un bo magosto.
Enriba do escenario Caxoto iranos contando de todas estas cousas mentres fai un zoncho; o colar de castañas que cando era neno lle facía a súa avoa para levar á escola.