Noticias

Noticias

Atrás O Concello organiza para este sábado a obra de teatro Os soños na gaiola

Oleiros, 26 de abril de 2016.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizou para este sábado 30 de abril o espectáculo de Trinke Trinke, Os soños na gaiola, inspirado na obra de Manuel María. Esta peza de teatro terá lugar ás 18.30 h no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera.
A acción transcorre nun piso dunha cidade, onde sentado nun sofá, dorme un velliño que ata hai pouco vivía na súa aldea. Para que non estivese só, a súa filla tróuxoo a vivir con ela. Un día, por sorpresa, recibe a visita da súa neta (xa moza). Os dous van lembrar a pasada vida na aldea.
As entradas poñeranse á venda a partir das 17:30 horas, ata completar a capacidade da sala.