Noticias

Noticias

Atrás Letras Galegas 2017: O venres presentouse en Radio Oleiros o caderno didáctico dedicado a Carlo

O caderno elaborado polo profesorado do IES María Casares, coordinado por Pepe Taboada e ilustrado por Miguel Cuba presentouse en Radio Oleiros.
O comité de redacción desta fermosa publicación; Raquel Guimarei, Pepe Taboada e Fernando Díaz-Castroverde e o ilustrador Miguel Cuba explicaron en directo as características do caderno, os obxectivos que se perseguen co mesmo e alentaron ao público adolescente e escolar a participar con entusiasmo das Letras.
O Concello de Oleiros desde a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística está a repartir nos institutos e colexios públicos do municipio os exemplares do caderno didáctico, que chegarán tamén nos vindeiros días ás bibliotecas municipais e ás entidades socioculturais do concello. Deste xeito preténdese dar a coñecer a figura e a obra do escritor ourensán e impulsar a lingua galega como lingua de cultura.