Noticias

Noticias

Atrás Este sábado chega a Oleiros Comerá o bebé? de Cris de Caldas para as familias con nenos e nenas

O vindeiro luns ás 10.00 horas comeza o prazo de inscrición para Comerá o bebé?, de Cris de Caldas. Un espectáculo con contos, poemas e xogos de man e música de Xabi o do camiño. Unha recompilación  da nosa tradición oral con música en directo, tendo como fío condutor a comida. Esta contada terá lugar o sábado 13 de novembro ás 18.00 horas na Fábrica.

O espectáculo está recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
As familias interesadas en acudir poderán formalizar a súa inscrición a través do seguinte formulario: https://forms.gle/PNSCnnHCaVY3aiz68. Terán preferencia as persoas inscritas no Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.