Noticias

Noticias

Atrás As actividades do Apego volven a Oleiros este mes

 

Oleiros, 31 de outubro de 2017.-As actividades do Apego volven a Oleiros este outono con dúas propostas para os nosos nenos e nenas.

 
Por unha banda, o sábado 18 de novembro A Alfombra Máxica creará na Fábrica un lugar de libre experimentación para os bebés de 0 a 3 anos a través dunha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde as crianzas se mergullarán nunha viaxe sensorial. Descubrirán o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear… Ademais gozarán dos monicreques, da música e doutras sorpresas. As persoas interesadas poden inscribirse a partir do día 2 de novembro a través do correo electrónico l.filloy@oleiros.org, do teléfono 981 610 000 Ext.4905, ou de forma presencial no Servizo de Normalización Lingüística. A listaxe de persoas admitidas conformarase por rigorosa orde de inscrición. 
Pola outra, o domingo 17 de decembro Magín Blanco presenta o seu novo espectáculo Letras e notas que vén cargado de música e de contos. O creador de A nena e o grilo ou outras composición que forman parte de edicións como María Fumaça ou Rosalía Pequeniña tráenos un contacontos musicado, onde o protagonista axudará os nenos e nenas de 0 a 5 anos a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e palabras e en definitiva, pola lingua. Para asistir as persoas interesadas deben inscribirse a partir do 27 de novembro.
 
As dúas actividades son gratuítas.