Noticias
Noticias
A nena e os tres osos é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.
Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns pode ser… unha familia de osos!
Os tres osos: oso grande, oso mediano e oso pequeno vivían no bosque e todos os días facían o mesmo: almorzaban e, ao rematar, daban un paseo cantando e xogando. Pero aquela mañá as papas estaban moi quentes e decidiron pasear primeiro e almorzar despois… Deste xeito comeza a aventura da nena e os tres osos!
As familias interesadas en asistir poden inscribirse a través do formulario habilitado na páxina web. Os dous primeiros días de inscrición terán preferencia as familias inscritas no programa Apego de Oleiros.
Xénero: teatro, narración oral, monicreques e canción infantil
A quen vai dirixido?
Familias con nenos e nenas a partir de 1 ano
Data do evento
sábado 18 de novembro de 2023
Horario
Dúas sesións, ás 17.00 h e ás 18.00 h
Lugar
A Fábrica
Inscricións
O prazo de inscrición abriu o luns 13 de novembro ás 10.00 h e xa está pechado.
Prezo
De balde