Vivero municipal

Atrás Viveiro Municipal

Situado en Nos, ó carón da Fundación Juana de Vega, o Concello de Oleiros posúe unha finca adicada á producción de especies vexetais ornamentais, coñecida como Finca A Carballeira.

 
Neste viveiro, con unhas instalacións axeitadas nunha superficie de 12.000 m2, estase a producir unha importante cantidade de planta ornamental con medios propios. Máis de 30 variedades de arbustos ornamentais de doada multiplicación (Hedera, Coprosma, Aucuba, Pieris, Cotoneaster, Viburnum, Agapanthus, etc.) destinadas á reposición de marras e creación de novos macizos e parterres en xardíns e parques municipais.
 
Tamén se manteñen exemplares arbóreos, 15 especies de tipo autóctono e de xardín, destinadas a súa implantación en bosques municipais, parcelas municipais degradadas ou que precisen revexetación, reposición de marras en áreas naturais municipais de uso público e incorporación en zonas axardinadas que o precisen.
 
Desde o ano 2009, máis de 6.000 unidades de arbustos e plantas ornamentais e unhas 250 árbores producidas nas instalacións de A Carballeira foron plantadas en parques como o Nelson Mandela, o José Martí, Bastiagueiro, As Toxeiras, Arenaza ou Rialta.
 
Ademáis do coidado da finca e da producción vexetal, o persoal do viveiro municipal colabora con diversas Concellerías atendendo ás escursións formativas dos CEIPs do Concello, facilitando materiais e ferramentas para actividades do programa OCIOLEIROS, etc.
 
Na finca de A Carballeira tamén se desenvolven diversos cursos de formación ocupacional organizados polo Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, como os de xardinería, escaiola ou albanelería.