Mantenimiento y conservación de instalaciones municipales

Atrás REPARACIÓN DA CUBERTA DA ESCOLA INFANTIL A CANTEIRA

 

O Concello de Oleiros, través da Concelleria de Servicios Municipais, contratou, nos pasados dias, unha empresa especializada  para eliminar as filtracións da cuberta da Escola Infantil de A Canteira - Perillo.

Os traballos consisten na sustitución de máis de 200 metros cadrados do PVC existente por un novo, así como do cambio dos garda muros de aluminio e o aporte dunha capa de árido de canto redondo.