Os equipos técnicos e operarios da Concellería de Servizos Municipais, en colaboración coa Concellería de Obras Públicas, están a reubicar e reagrupar os cadros eléctricos da urbanización Meixonfrío, parroquia de Liáns, e noutros sitios do Concello de Oleiros.
Esta actuación que ven marcada polo PLAN de AFORRO ENERXÉTICO, e supón a eliminación de cadros eléctricos e contadores, que pola súa duplicidade ou antigüidade fai necesaria a reagrupación mediante pequenas obras de canalización.
Estas medidas van encamiñadas á disminución de contratos coas compañías subministradoras e supoñen un aforro para as arcas municipais.