O Concello de Oleiros, a través do Centro de Información Xuvenil oferta un obradoiro de educación afectivo – sexual, para pais e nais ou calquera persoa titora legal de nenos e nenas menores de idade do Concello de Oleiros, desde a infancia á adolescencia, con intereses en obter ferramenta para proporcionarlles unha axeitada Educación afectiva-Sexual.
O obradoiro consta de 4 sesións de dúas horas de duración cada unha que tería lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo de Os Regos. As datas e horarios serían:
- Os venres 16, 23 e 30 de maio e o 6 de xuño de 19:30 a 21:30 horas.
Consideramos que a Educación Afectivo-sexual no ámbito familiar ten que ser realizada ao longo de toda a vida dos nosos fillos e fillas; aprendendo con eles, superando a vergoña, escoitando sen xulgar ou censurar, falando sinceramente e dando o primeiro paso, sen facernos os distraídos. Tendo en conta isto e a través de distintas dinámicas intentaremos fomentar a comunicación e as relacións familiares. Así como, redefinir o concepto de sexualidade, ampliando as ideas previas e traballando sobre a totalidade das súas dimensións, facendo entender que cando falamos de sexualidade non estamos a falar soamente de reprodución ou de busca de pracer.
Os contidos do obradoiro son:
- Autocoñecemento e comunicación.
- A Educación afectiva-sexual ao longo da vida.
- Desenvolvemento sexual e socioafectivo.
- Igualdade versus desigualdades.
As persoas interesadas en inscribirse no curso o poden facer a través do correo c.xuventude@oleiros.org, chamando ao telefono de A Fábrica 981 63 65 9 8 ou no Centro de Información Xuvenil.
As prazas dispoñibles son 20.