Regulamento 2026 XXXVI Tríatlon Concello de Oleiros
Organiza:
Concello de Oleiros
Correo electrónico: deportes@oleiros.org
Teléfono: 981 610 000
Colaboran:
Federación Galega de Tríatlon
Protección Civil do Concello de Oleiros
Policía Local do Concello de Oleiros
Garda Civil de Tráfico
Data e horario da carreira:
Sábado 9 de Maio 2026
Saída ás 16:00 h
Distancia:
Para todas as categorías, sprint:
Participación:
Neste tríatlon poderán participar:
- Todos/as os/as deportistas federados/as na Federación Galega de Tríatlon ou que tramiten licenza temporal de un día na Federación Galega de Tríatlon.
- Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 230.
Categorías (H/M):
Absoluta (Xeral), Xuvenil (2009-2010), Junior (2007-2008), Sub-23 (2003-2006), Veterán 1 (1977-86), Veterán 2 (1976-1967 ), Veterán 3 (1966 e anteriores)
Calendario de inscrición:
- Do Martes 7 de abril ás 10:00 horas ata o luns 27 de abril ás 23:59 horas abrirase o prazo de inscrición aquí.
- A organización reservará 5 prazas para triatletas das categorías Xuvenil, 5 Junior e 25 prazas para mulleres. Esta reserva manterase ata o venres 17 de abril ás 14:00h.
- O custo da inscrición para as persoas participantes é de 15 euros.
- As persoas non federadas deberán tramitar ademais a licenza temporal de un día a través da web da Federación Galega de Tríatlon na seguinte ligazón.
- Dita licenza será subvencionada polo Concello de Oleiros pero é necesario que cada persoa faga o trámite correspondente na ligazón anterior.
- Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario e xuntar o documento de protección de datos cuberto e asinado e a copia do DNI en Vigor.
- Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do importe da inscrición.
Saída, boxes e meta:
No parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera.