Noticias

Atrás XXIV FESTIVAL ANIVERSARIO DA CORAL POLIFÓNICA DE MERA

 

O vindeiro sábado 2 de maio ás 20:00 horas, a Coral Polifónica de Mera celebra o seu XXIV Aniversario. O Festival terá lugar no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera. No festival participarán as seguintes corais: a Coral Polifónica de Cecebre, a Coral Polifónica de Bugallido e a Coral Polifónica de Mera.

No acto, farase unha homenaxe a Avelino Neira, o máis veterán dos seus compoñentes e socio fundador da Coral Polifónica de Mera. Un home cunha voz envidiable, que dende o comenzo no ano 1991, formou parte da corda de teneros, sendo sempre un gran apoio para a coral, non só coa súa voz, tamén coa súa persoa, adicándolle o seu tempo dunha forma desinteresada.