Noticias

Atrás Xoldra na eira

 

O sábado 18 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera terá lugar o concerto da Banda Municipal de Música de Oleiros, dirixida por Alberto Piñeiro Leiva e a Banda de Gaitas de Forcarei, dirixida por José Antonio Vidueiros Sánchez.

 

Presentación do espectáculo Xoldra na eira.

 

Espectáculo multidisciplinar, no que se amalgaman a través dunha historia, melodías eternas creadas polo pobo, e que expresan vivamente, os ideais da súa alma e as paixóns do seu corazón... Eses aires, estupendamente harmonizados e axustados, para levar a cabo pola banda de música, a banda de gaitas, as voces e o baile, explotan esa rica canteira de materiais para a construción do magno edificio, que demanda a música galega. O espectáculo contará coa participación, entre outros, da cantante folk Begoña Lorenzo, de José Manuel López (Josele) coas gaita, frautas de pico e ocarina, o Coro de Oleiros e unha parella do Grupo de Baile de Santaia.

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a un prezo de 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala.