Valencia será o destino da edición número doce da viaxe organizada polo Departamento de Cultura para a ponte de semana santa, do 13 ao 16 de abril de 2017. O prazo de inscrición para as persoas interesadas que están empadroadas no Concello comeza o luns 6 de marzo. O prazo de inscrición conxunto, para persoas empadroadas e non empadroadas, en caso de non cubrirse as prazas no primeiro prazo, comezará o luns 13 de marzo. As persoas participantes aloxaranse en Valencia nun hotel de 4* en habitacións dobres en réxime de aloxamento e almorzo. O prezo inclúe a viaxe e os traslados en autocar, visita guiada en Valencia, entrada combinada para o Museo das Ciencias e o Hemisferic, os almorzos dos días 14, 15 e 16, o xantar dos días 13 e 16 de abril e seguro de viaxe.
As prazas son limitadas. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse persoalmente no Departamento de Cultura (Centro Cultural A Fábrica. Rúa do inglés 13, Perillo), no teléfono 981610000 (ext. 4915 ou 4916), ou nos enderezos electrónico: cultura@oleiros.org e r.caparros@oleiros.org