O vindeiro sábado, 26 de marzo volve a contada Os tres porquiños, de Bea Campos, para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos. Volvemos programar esta sesión de contos, posto que moitas familias non conseguiran praza. Nesta ocasión haberá dúas sesión, ás 17.30 h e ás 18.30 h.
Unha sesión de contos con monicreques, e cancións para bebés na que se integran a expresión dramática, os monicreques e a tradición oral. Unha proposta sinxela a partir dun dos clásicos da literatura infantil perfectos para introducir os máis cativos no marabilloso mundo dos contos desde os seus primeiros meses de vida.