Noticias

Atrás Visita guiada á exposición de Peter Lindbergh

 

O Concello organiza unha visita guiada á exposición de Peter Lindbergh

 O Concello de Oleiros ten concertada unha visita guiada o venres 25 de febreiro en horario de tarde ao peirao de Baterías do Porto da Coruña, que acolle a primeira exposición en España do fotógrafo Peter Lindbergh. Untold Stories está comisariada polo propio autor pouco antes da súa morte e conta con máis de 150 imaxes tomadas polo fotógrafo durante a súa carreira.

 
A actividade é gratuíta, con prazas limitadas e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros. Para preinscribirse é preciso cubrir un formulario na web do Concello a partir do xoves 10 de febreiro ás 10:00 horas.