Noticias

Atrás TEATRO NO AUDITORIO GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ DE MERA

O Sábado 12 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, Sarabela Teatro presenta o seu espectáculo Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

 Sinopse: Un home fica cego subitamente, este caso empeza a expandirse de maneira fulminante pola cidade. Agora, os cegos, terán que enfrontarse á vontade de sobrevivir a calquera prezo.

 

Ensaio sobre a cegueira é a ficción dun autor que nos alerta sobre “a responsabilidade de ter ollos cando outros xa o perderon”. 

Somos unha cousa que non ten nome. Temos ollos que vendo non vén.

Elenco: Vicente Montoto, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Jorge Casas, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto, Elena Seijo e Xavier Estévez

Xénero: Drama

Duración: 90 minutos

Prezo: 5 €

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.