Sábado 13 de outubro ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, Mera
Estudo do Momento presenta o espectáculo 1879. Casa de bonecas.
Sinopse: Casa de Bonecas ou O escándalo dunha muller que marcha da casa. Así foi considerada na súa época esta grande obra, froito da dramaturxia do pai do teatro realista contemporáneo, Henrik Ibsen, en 1879. Unha alegación feminista que se converteu co paso de tempo na celebración da independencia da muller nunha sociedade de homes. Con Casa de Bonecas o espectador revive o nacemento dunha das maiores heroínas do teatro, Nora Helmer. Esposa e nai perfecta, esconde porén un perigoso segredo, anos atrás falsificou unha sinatura para conseguir un préstamo. Cando todo sae á luz, descobre que o seu home non a considera máis ca un obxecto da súa propiedade, provocando un desenlace de escándalo.
Espectáculo galardoado co Premio Luisa Villalta pola Igualdade da Deputación da Coruña.
Autoría: Henrik Ibsen.
Dirección: Xoán Carlos Mejuto.
Elenco: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares.
Xénero: drama.
Duración: 60 minutos.
Público: maiores de 12 anos.
Prezo: 2,50 euros.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.