Sábado 6 de outubro ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, Mera
Redrum Teatro, presenta o espectáculo A canción do elefante.
Sinopse: Un psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer. A Canción do Elefante é un apaixonante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca o público ata o seu desenlace.
Autoría: Nicolás Billón.
Dirección: Alex Sampayo.
Elenco: Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez.
Xénero: drama.
Duración: 80 minutos.
Público: maiores de 12 anos.
Prezo: 3,50 euros.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.