Noticias

Atrás Teatro no Auditorio de Mera o sábado 26 de xaneiro

 O sábado 26 de xaneiro ás 20.30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a compañía Hermanas Teatro representará a obra “CUAL” INGRATO ES EL DESTINO. Sátira do príncipe e a doncela.

Compañía Hermanas Teatro

Xénero: sátira, ou a máis absoluta comedia.

Sinopse: Idade Media. As irmáns Folgado rexentan unha divertida pousada onde se albergan os peregrinos que van ao Camiño de Santiago.

Cansas de traballar e de ser sempre pobres deciden mudar o seu destino ao saber os plans do príncipe... que ante a presión da súa nai, a raíña, arruinado e só visita o oráculo para salvar o reino da pobreza.

O destino ten o capricho de que se xunten as vidas dos nosos protagonistas para así desenlazar nunha historia chea de sorpresas e  sabias coincidencias coa actualidade.

Duración: 70 minutos

Clasificación: todos os públicos

Elenco:

A raíña: Noalla Vila Camacho

O príncipe: Roberto Vázquez

Irmá cega: Paula Herrero Mera

Irmá xorda: Marta Camacho Hellin

Irmá trenzas: Marta Gómez Pardo

O oráculo: Beatriz Vila Camacho

A curmá de Cuenca: Melisa Fernández

Guión e dirección: Marta Camacho Hellin