Noticias

Atrás Teatro no Auditorio de Mera o sábado 25 de marzo

O sábado 25 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de  Mera a compañía Kulunka Teatro, presenta o seu espectáculo Solitudes, escrito por Garbiñe Insausti, José Dault, Iñaki Rikarte, Rolando San Martín e Edu Cárcamo e dirixido por Iñaki Rikarte.

 Sinopse: O protagonista síntese incomprendido porque, como case todos os anciáns para os que a súa vida é practicamente unha espera, xa só desexa cousas sinxelas. Cousas tan simples, que os demais non chegan a valorar a súa verdadeira importancia. O extraordinario desta historia é que o ancián -contra o que podería agardarse de alguén cunha vida xa case sen alicientes- non se resigna, non renuncia aos seus pequenos desexos e pelexa por eles con determinación e dignidade. Isto, claro, terá as súas consecuencias para el mesmo e para quen o rodea.

Unha  viaxe por universos cotiáns que, mesturando a gravidade cun sorriso, conmove sorprende e invita á reflexión.

Elenco: Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo

Xénero: drama

Duración: 85 minutos

Prezo: 5 €

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.