Noticias

Atrás TEATRO MUSICAL EN MERA

 Sábado 26 de decembro ás 18:00 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

Animundis Artes presenta o seu espectáculo “Animundis”, escrito por Benjamin Queiro e dirixido por Carlos Sante.

Sinopse: Espectáculo infantil multimedia de música e teatro. Coidadísimas composicións de funk, swing e rock, acompañadas de divertidas e participativas letras conforman o fío condutor desta obra coral na que dous actores e catro músicos contan a historia de Bim, o pingüín frioleiro, e Kiwi, o paxaro que non pode voar. O espectáculos que mostra as carencias dunha sociedade intolerante a través das tecnoloxías multimedia e a música infantil menos convencional.

Elenco: Anita Baker, Keke Diez, Manuel Brey, Carlos Clerins, Javier Sampedro e Nacho Goris.

Xénero: teatro musical

Duración: 60 minutos.

Prezo: 2,50 €

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo dirixido a público familiar pero especialmente recomendado para nenos e nenas con idades entre os 3 e os 10 anos.