Noticias

Atrás Teatro infantil no Auditorio da Fábrica o domingo 23

O Domingo 23 de decembro ás 18.30 horas no Auditorio da Fábrica de Perillo Tanxarina presenta o espectáculo A Galiña Azul.


Sinopse: A galiña azul é un espectáculo que mestura monicreques e actores, baseado no conto homónimo de Carlos Casares. A galiña azul resulta unha convincente arma contra a inxustiza, unha clara defensa da diversidade. Fainos lembrar que aínda é posible loitar contra a homoxeneidade cando esta vén imposta, que formas alternativas de resistencia seguen existindo aínda que sexa pintando galiñas de azul e organizándose de xeito colectivo.


Autoría: Carlos Casares.
Dirección: Cándido Pazó.
Elenco: Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Río e Eduardo Rodríguez “Tatán”. 
Xénero: Teatro / Monicreques.
Duración: 50 minutos.  
Público: Familiar.
Prezo: 2,50 euros.
As entradas poñeranse á venda a partir das 17:30 horas, ata completar a capacidade da sala.