Sábado 9 de maio ás 19.30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
A compañía Fantoches Baj, presenta o seu espectáculo Zampón, o lambón, baixo a dirección de Inacio Vilariño.
Sinopse: Zampón, o lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis lambón do mundo.
Elenco: Fran Lareu, Inacio Vilariño, Luís Iglesias “Luchi” e Vanessa Maceiras
Xénero: comedia
Duración: 50 minutos
Prezo: 2,5 euros
As entradas poñeranse á venda a partir das 18:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 4 anos.