Sábado 28 de marzo ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
A compañía teatral Eme2 emoción&arte, presenta o seu espectáculo “O crédito”, de Jordi Galcerán, baixo a dirección de Fernando Bernués.
Sinopse: No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe… Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso como unha ovella. Quizais hoxe mirarás o director da oficina aos ollos, poñeraslle as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza…
Elenco: Antonio Durán “Morris” e Pedro Alonso
Xénero: comedia
Duración: 90 minutos
Prezo: 3,5 euros
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.