Noticias

Atrás TEATRO EN MERA-SÁBADO 27 SETEMBRO

 Sábado 27 de setembro ás 20:30 horas.

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera.

 

A compañía teatral Áncora Produccións, presenta o seu espectáculo “Snakizados”, de Gustavo Pernas Cora baixo a dirección de Ánxela G. Abalo.

 

Sinopse: No día despois da gran deflagración, non hai argumentos posibles, só quedan anacos. Anacos de distintos seres, anacos de memoria do que fomos, refugallos industriais e domésticos, imaxes rotas...cómo recompoñer o que destruimos? Snakizados é a terceira parte da triloxía Tres Logomonos: xunto con Colgados e Pisados.   

Elenco: Gustavo Pernas Cora e Michal Kamac-Dj.

Xénero: comedia

Duración: 75 minutos.

 

Prezo: 3.50 €. As entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.