Sábado 26 de novembro ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, Mera
Ibuprofeno Teatro, presenta o seu espectáculo Raclette, de Santiago Cortegoso, baixo a dirección de Santiago Cortegoso.
Sinopse: A Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia.
Elenco: Salvador del Río, Deborah Vukusic, Toni Salgado, Iria Sobrado e Marián Bañobre
Xénero: teatro contemporáneo
Duración: 75 minutos
As entradas poñeranse á venda a un prezo de 3.50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.