Noticias

Atrás TEATRO EN MERA-SÁBADO 16 DE MARZO

 

Sábado 16 de marzo ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

 

Señora Supina, presenta o espectáculo Cinco mulleres que comen tortilla.

Autoría: Andrew Hobgood e Evan Linder Dirección: Javier Lojo  

Sinopse: Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta o espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersa. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra o público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony. A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades e o medo ao descoñecido son os motores desta  exitosa comedia internacional que foi estreada en Chicago antes de formar parte do New York Fringe, converténdose nun éxito absoluto do Off-Broadway e atrapando a milleiros de espectadores de Estados Unidos desde entón. Son moitos os países que acolleron a esta irmandade, acadando enorme éxito en Reino Unido, Australia e, en España, coa versión en castelán. 

Elenco: Nola Drake, Raquel Ferraz, Laba Outeda, Laura Quintas e Gabi Modesto

Xénero: comedia Duración: 80 minutos Público: maiores de 12 anos

Prezo: 3,50 euros (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala). 

Espectáculo engadido dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Programado coa colaboración da AGADIC (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia)