Sábado 14 de abril ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Ibuprofeno Teatro presenta o espectáculo Casa O´Rei.
Autoría: Santiago Cortegoso Dirección: Santiago Cortegoso Sinopse: Casa O´Rei propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de “O Rei Lear” de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega. Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne á familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo…Elenco: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira, Xosé M. Esperante. Xénero: teatro contemporáneo. Duración: 90 minutos Público: Maiores de 12 anos.
Prezo: 2,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).